“Serendipia” é o novo espectáculo do ilusionista Martín Varela. No seu novo show, o mozo mago fai unha viaxe ao pasado do ilusionismo empregando a súa propia experiencia no mundo da maxia. Coas sorpresas e comicidade co público de sempre, inclúense, neste show o mago rende unha homenaxe a dous grandes mestres da maxia que marcaron o seu camiño: o estadounidense John Calvert e os galegos Lorc & Julit.

Como pode un neno converterse en mago? Esa é a pregunta que Martín tratará de responder subido ao escenario. Nesta ocasión aborda a súa historia persoal: os seus comezos, o seu proceso de estudo, as súas primeiras actuacións… Maxia, sorrisos e emoción mestúranse no teatro con “Serendipia”.

FICHA ARTÍSTICA

Ilusionista: Martín Varela

Partenaires: Laura Vázquez, Julia Varela

Rexiduría: Yago Núñez

Deseño de iluminación: Alberto Casas

Técnico de son: Pablo Falcón

Cobertura técnica: EMSAC

Deseño gráfico: The Office Comunicación

Dirección de arte: Patricia Portela



Fotografía: Vanessa Rábade

Ilustración: María G. Grandal

Estudio de gravación: La Panificadora Estudios (David Machado)

Produción executiva: Thinking Up Events

Dirección de produción: Antón Antelo

Comunicación: Aris González

Dirección artística: Martín Varela

Agradecementos: Kiko Varela, Begoña Salido, Emilio Sacarrera, Martín Camiña, Colectivo Máxico Lorc & Julit, Tammy Calvert, Familiares de Lorc & Julit.

AVISO

Esta páxina web emprega cookies para o seu correcto funcionamento.