’15 ilusións para vivir unha noite’, un espectáculo intenso e arrebatador onde os soños, a comunicación, as sorpresas e as emocións aparecerán como por arte de encantamento. É un espazo onde poderás atrapar estrelas. É un encontro cun ilusionista, cun soñador ou con un poeta das ilusións que nos trae unha mensaxe de esperanza: o futuro é de todos aqueles que cremos na maxia.

FICHA ARTÍSTICA

Dirección: Antón López

Mago: Martin Varela

Partenaires: Laura Vázquez, Julia Varela

Técnico de escea: Jorge Miquel

Técnico de iluminación: Chiqui

Técnica de son: Isa Lage

AVISO

Esta páxina web emprega cookies para o seu correcto funcionamento.